Pensións en perigo? En perigo de que exactamente?


Non hai que restar importancia ao problema demográfico e a súa incidencia no futuro das pensións.

Non obstante, cómpre indicar que desa situación de envellecemento non se deduce directamente, tal como pretenden as voces do actual Goberno e da ideoloxía neoliberal dominante, que haxa que transferir a mans privadas o noso sistema de protección social para os xubilados.

Efectivamente pode darse o caso de que, se continuase unha permanente recesión cos niveis actuais de paro –o cal faría insubstentable non xa o sistema de pensións, senón a sociedade como tal- haxa que introducir reformas. Pero hai que ir por partes.

Primeiro que as reformas non teñen por que ir necesariamente só do lado do gasto. As cotizacións poden tamén incrementarse. E, ademais, pode pagarse o déficit mediante impostos, mesmo crearse una tributación especial sobre os grandes beneficios empresariais, e transaccións financeiras,  terreos estes no que hai un enorme percorrido, pois seguen sendo os traballadores os que máis impostos pagan.

En segundo lugar a crise de substentabilidade do actual modelo de solidariedade entre xeracións (os que traballan pagan coas súas cotizacións presentes as pensións que están cobrando os que xa non traballan), pode que, efectivamente, precise  ser complementado por un sistema paralelo de aforro e capitalización da propia pensión ao longo da vida laboral. Pero, que razón hai para que eses plans de pensións –e máis aínda á vista de crise financeira e da absoluta irresponsabilidade coa que os bancos empregan os cartos dos aforradores- sexan necesariamente xestionados pola banca privada?

Non hai “razóns” para ese afán privatizador das pensións; só hai ideoloxía e interese. Un interese desmedido por facerse coa mellor tallada do pastel: os fondos públicos de pensións. É o mesmo interese de fondo que semella mover o mundo neste momento: unha transferencia inxente de fondos desde o sector público e desde os pequenos aforradores cara os poderes financeiros, eses anónimos e incontrolables poderes, os que moven os fíos dos monicreques que nos gobernan, os donos de vidas e destinos, de vidas de cidadáns,e de  destinos de países enteiros.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s