Vidas anticrise II: a zanfona en re


Daniel López

Ten o seu aquel a nova desoutro día sobre a “placa” do auditorio de Vigo, este que fixeron en plena febre construtora e competitiva, na ribeira de Vigo, por onde a vella casa Mar; un edificio magnífico cun hotelazo incluído para albergar un tipo de actividade de alta cultura nunha zona de plena actividade industrial, con rúas habitadas de problemas sociais agudos, con patas, nomes e apelidos. O hotel a piques de desafiuzamento, a actividade cultural en busca e captura, 18 millóns de euros da Xunta e 12 do concello; unha sociedade na que Caixa Galicia puxo 60 millóns, todo esfarelándose. Un disparate. Unha bomba.

 

Pero o simpático do asunto é a pelexa pola placa. Xa hai que estar fóra da realidade. Primeiro houbo unha placa na que o emperador Caballero se atribuía el só o “mérito”. Tras o consecuente cabreo da presidencia da Xunta, cambiouse por outra na que se repartían eses “méritos”. E agora resulta que, misteriosamente, esa segunda placa desapareceu. E disque para os correspondentes gabinetes de prensa non é un asunto menor: o decisivo é a placa, aínda que sexa para conmemorar un fracaso. A máis gasto, máis crucial a placa é. Non pensan máis.

 

Cavilaba eu nestas cousas mentres estabamos na pequena festa que fixemos na Casa do Romualdo o día de san Xoán. Era para darlle unha boa sorpresa a Francisco de Chon, o noso irimego amigo, que como moitos saberedes, quedou ceguiño hai ben pouco. Despois dunha colecta organizada por amigos e familiares, mercóuselle unha zanfona, ben xeitosa, e alí estabamos xa na sobremesa e coa cousa aquela de que o cantar do arrieiro é un cantar moi baixiño.

 

E lembrábame por contraste, porque o Fran e a súa familia, eles cinco, son outro modelo anticrise de manda chover. Restaurar a vida onde non había vida xa. Rehabilitar con amor as pedras e as trabes. Refacer as relacións de veciñanza. Retornar ás raíces secas para avivecelas e que todo medre.Reconstruír, reciclar, recomenzar. Recrear ideas e proxectos. Resistir cando toca. Sen placas nin trapalladas (vale, as placas solares, pero eu ben sei o que digo). Con moito rencontro humano e moita rexouba fina.

Todo en re. Disque a zanfona estaba en do, pero soar tamén soaba en re. Como todo na Casa do Romualdo.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s