XXXVI ROMAXE: o lugar e a súa historia (II)


Xosé Luis Sobrado e Xabier Blanco

FOTO ROMAXEDa época moderna temos moitas informacións a través do chamado “Catastro de Ensenada” de 1753, no que a parroquia queda retratada nos numerosos datos que este documento achega. Por un lado, sabemos que a parroquia se compón dun total de 122 veciños que, na súa meirande parte, dedícanse á agricultura e a outras actividades: tecedoras, cosedoras, carpinteiros, ferreiros, canteiros…, subliñando como actividade moi importante na parroquia o trato de viños.

Sonche anos de importantes reformas na igrexa parroquial, contratando para tal efecto ao mestre de cantería, Andrés Malvar. Ademais da parroquial e do propio mosteiro e castro, a parroquia é rica en patrimonio construído: muíños, cruceiros, petos, fornos, cabaceiros, arquitecturas domésticas, etc. fan dela un conxunto que, aínda que alterado, evidencia un gusto polas boas canterías encadradas con harmonía dentro dunha fermosa paisaxe.

Mención especial merece a capela da Magdalena. Temos constancia xa en 1720 da existencia dunha confraría con ese nome encargada de organizar a festa, misas e procesións así como os arranxos necesarios para a conservación da capela. Resultado dunha visita pastoral realizada a mediados do século XIX, fálase de que hai no lugar chamado “Sierra una ermita de Santa María Magdalena que tiene un Cabildo o Pórtico… y se sostiene con la producción de un bosque inmediato, en el que los vecinos plantan árboles todos los años a fin de que siempre esté en estado de producir madera y para reparar la ermita cuando lo necesite”. Interesante modelo de xestión e conservación. Xa daquela a romaría era moi importante e concorrida pola “mucha devoción de los feligreses a la Santa y suelen implorar su protección en tiempos de penuria o de alguna calamidad trasladando la imagen a la Iglesia y haciéndole Novena”, percibindo moitas esmolas para o seu mantemento. Nos primeiros anos do século XX, o día da festa vendíase “hoja de la robleda” para o mantemento da ermida, mentres que no ano 1913 chegan de América 520,70 pesetas enviadas polos emigrados da parroquia para os arranxos necesarios.

Nos anos comprendidos entre 1854 e 1857, atopamos unha gran mortalidade infantil derivada da epidemia de cólera que invadiu o país naqueles anos, cadrando no tempo cunha época de fame derivada das malas colleitas de cereal e da aparición do oidium nas cepas, que trouxeron un periodo de desgraza para os seus habitantes. Poucos anos antes, 1836, a desamortización saca a subhasta as propiedades do antigo mosteiro beneditino. A finais deste século XIX, un arranxo parroquial realizado na diocese de Ourense suprime a parroquia de San Pedro do Mosteiro quedando integrada definitivamente na de Santa Uxía.

Agora xa coñecemos algo do lugar que nos acollerá o 14 de setembro na nosa XXXVI Romaxe! Está o lugar, están as súas xentes, e están agardándonos tamén dúas fermosas mulleres: dona Inés de Sanabria e dona Esperanza.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Romaxe. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s