¿Y tú, de quién vienes siendo?


Lidia e Valentina

 Hoxe estamos moi aborrecidas, enrabiadas, rabiadas, levadas do demo e mais dos demos, levadas de Xudas, feitas unha chispa, escentelladas, feitas unha furia, sacadas de quicio… Pois si, chamamos por teléfono ó Sergas e atendeunos unha amable señorita do grupo B (ou do grupo A2, como lles gusta dicir agora, que parece “máis”). Sabemos que era desa categoría porque ela, dende o seu posto de traballo, era a que nos podía resolver o noso problema. Pois a muller parece que estaba un pouco estresada porque, moi amablemente, insistimos, nunha destas que non debía de dar feito, soltounos, chantounos, espetounos… Ay, espera un momento, mujer, es que no doy hecho, estoy capando y asubiando…! Quedamos abraiadas, coa boca aberta, apampadas, pasmadas! Pois si que é recurrente a nosa lingua! E vale para moitas outras!

É ben certo que o galego e o castelán están moi cerca (de máis, ás veces…), tanto que é normal que os usuarios-falantes dunha lingua boten man de recursos da outra, coma os que viven xuntos, que se acaban semellando nos xestos, no modo de falar, nos gustos… Así, o galego toma léxico, morfoloxía, sintaxe, expresións, fonética… do castelán (aí están os nosos castelanismos! E o castelán de Galicia tamén está cheíño de galeguismos: para mostra, o botón que nos axudou a empezar o artigo de hoxe. Pero a mostra é ben ben grande e variada, ten moooitos botóns… Que pasa? Que aquí xa están tan integrados no castelán que os usuarios xa non se decatan que están a falar un chapurrado. Agora ben, calquera castelanfalante de fóra de Galicia non sería quen de interpretalos. A ver, ¿en casa de quién no hay pan reseso y no le importa comer un cacho? ¿A quién no le gusta coger al niño en el colo? ¿Quién no tiene algún conocido birollo, que además es paverísimo? ¿A quién no le gustan unas buenas verzas, unas buenas xoubas o unas buenas filloas? ¿Y quién no tiene una pota en el faiado de las que ya no usa?1 Y quizás tú, por estar en la póla, no diste hecho las cosas y, ¡ale!, te pasó el compás por el aire!, ¡tarde piaste! Tendrás que ir a petar a la puerta de alguien a ver si te da una ayudiña…

É certo que cunhas enfiamos as outras, pero seguramente todos os días oídes moitas destas. Así é que en Galicia hai máis galegofalantes cós que constan no mapa sociolingüístico…

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Falando da lingua coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s