Temos un cafetiño pendente


Hai anos, recordo que despois de tomar un café na cafetería que tiñamos debaixo de casa, meu pai, de xeito moi discreto, preguntoulle ao camareiro canto debía un señor. Unha vez informado, meu pai pagou as nosas consumicións e o pouco que debía o señoriño. Marchamos e eu pregunteille polo feito e el díxome que un café non se lle debía negar a ninguén.

Lembrando esas palabras eu tamén teño pagado algún café a algún descoñecido. Non deberiamos negarlle a ninguén a sensación de quentura dun corpo ao tomar un café nunha cafetería.

Pero iso de ir a unha cafetería e tomar un café, para moita xente é un auténtico luxo. Por iso gústame saber que está a nacer a iniciativa “café pendente”, que consiste en que ti vas a un bar onde se sumen a esta iniciativa e pagas un ou máis cafés para quen non poida pagalo. Esa persoa que non poida pagalo vai alí e pide un deses cafés que están pagados en póñenllo. Tamén se inclúen bocadillos nesta iniciativa.

É un pequeno xesto que penso que está moi ben e quen sente nunha barra dun bar e tome ese café agradecerá.

Se queres saber máis, podes entrar nesta web http://cafespendientes.es. Ti como o queres, con leite ou prefires un bo café negro?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s