Pensa, aliméntate, aforra


A.Q.

Hai pouco que conmemoramos o Día Mundial do Ambiente que este ano tiña como lema o título deste fachineiro. Lonxe da miña intención competir en datos coa peneira pero, segundo a FAO, o primeiro mundo derrama os alimentos equivalentes a todo o que é quen de producir a África subsahariana. Cada ano pérdese un terzo da comida producida. Estes números aínda chaman máis a nosa atención cando ao mesmo tempo oímos o que está pasando nos comedores sociais e tamén como moitas familias teñen que delegar a alimentación dos seus fillos nos comedores escolares. Menos mal que o fachineiro sabe que os seus impostos están ben xestionados, que non serven para pagar solpor dourado dos banqueiros que ficaron cos cartos do avó, ese mesmiño que votou polos que aloumiñaron eses xestores. Menos mal que o fachineiro sabe que non serven para subvencionar medios de comunicación en castelán porque publiquen un breve na esquina inferior -dereita, of course- da páxina 45. Menos mal que sabe que o deputado Gonzalo Trenor fala de broma cando rexeita que a igrexa tribute polas súas propiedades (as que non son lugares de culto, que son moitas) como tributa o fachineiro, porque iso “ofendería a milleiros de galegos”. Porque, se falase en serio aínda me ía acordar daqueles versos de Curros Enríquez que devecía porque “coma os do abade frorezan meus eidos”. A ver se chega o maio que eu quero.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Ás Furtadelas, O fachineiro coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s