O símbolo in-cesante


Daniel López

Que ninguén se engane, non se trata de que a ministra Mato sexa parva. Pode non saber fiar un discurso se ten que improvisar dous parágrafos con palabras difíciles, como “prestación por desempleo”. “Uff, que lío”. Pero de parva, nada. Tampouco non se trata de que teña que ser responsable do que fixo o caralavada do seu ex. Faltaría máis. E, ademais, fai moi ben en defender a parte privada da súa vida dos focos da prensa.

Pero non vai por aí a cousa. A cousa vai do que a policía descubre, do cadro que se debuxa e do que ela representa. E no cadro, todo apunta a que é unha cabal representante do pijismo, do de verdade, de varios quilates, non coma outras e outros, de medio pelo. Seguro que en tempos foi, de feito, a envexa do partido (e de fóra del, ollo!). As outras e os outros intentábano e nunca daban ese nivel.

Perfectamente podía ter un “jaguar” no garaxe e non preguntarse como se pagou; e as festas familiares, financiadas  pola man invisible, serían regalos caídos do ceo. Viaxes a Dublín, a Disneyland, a nin se lembra, nin a que prezo, que máis ten, que mal gusto facer esas preguntas! As dispoñibilidades económicas, ese “rollo” das contas, nin o canto gañamos, nin en que o gastamos, nin chegará ou non chegará, nin a compra diaria, nin rebaixas. Vulgaridades! Todo iso que aos ordinarios declarantes do IRPF nos parece un exceso, serían pequenos detalles dos infinitos admiradores, como é de esperar, como foi toda a vida.

Por dereito natural. Xente con clase. Ese intimísimo convencemento: caemos desta beira da historia, e as cousas son así. Sempre na burbulla perfecta da Spanish beauty. Servidos e coidadas, entre Prada e Tomas Hilfiger, rebotando alegremente, como bambis disneysianos, ben dentro das lindes, dende a clínica privada na que nacen, ata a clínica privada na que morren, pasando polo kindergarden privado, o colexio, a universidade, a urbanización e o club de golf privados. Nun estado de permanente privadez, ata que, sen saber moi ben como, “uy!, muchas gracias” chegan a ministros, para dirixir o sistema público.

Disque Rajoy non a cesa porque o da rede Gürtel sería un dominó, en canto caia a primeira peza. Pode. E mira, xa postos, case que mellor. Efectivamente esta ministra non debe ser cesada. Non, por pedagoxía política: é un símbolo, unha bandeira, a que revela quen é quen e, polo tanto, a verdadeira natureza das cousas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s