Remol


Hai máis de dez anos (ano arriba ou ano abaixo) comezaba eu a andar polos mundos internáuticos e eclesiais. Chegárame unha proposta interesante por correo. Esta proposta consistía en que todas as  semanas me enviarían un correo electrónico con textos para a liturxia dominical. Eran textos integramente en galego, con reflexións xeitosas fóra do que normalmente acostuman ser as de moitas das nosas liturxias.

Ese traballo tan ben feito chámase Remol. E digo chámase porque segue a facerse. Nos tempos de internet hai que recoñecer que todo dura pouco. Os blogues, as contas de correo, os perfís das redes sociais. O que agora está en internet, en seis meses cambia ou desaparece.

Pero Remol segue. Agora é un blogue que semana tras semana vai publicando de xeito cumpridor a súa función. Cónstame que hai bastantes curas que botan man del. Todo un luxo poder ver a páxina http://remoldapalabra.blogspot.com.es/

Segundo a Real Academia Galega o remol é un conxunto de brasas acesas. Oxalá estas brasas continúen dando calor moito tempo porque xa se sabe que certas comidas á brasa son ben saborosas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s