Académicos e minaría


O fachineiro da paisaxe

Ultimamente a Real Academia Galega aparece nos medios por declaracións do seu presidente, que seica non ten quen lle diga que estaba máis guapo calado. Pero desta feita o fachineiro quería reparar noutro académico. Trátase dun -de cuxo nome non quero lembrarme- que trae o carné de galeguista de serie; que pontifica dende os seus artigos xornalísticos mirando de esguello para os que nunca imos chegar á súa altura; dun que presumía con desprezo de non pisar a institución académica dende hai unha chea de anos pero que mira por onde non dubidou en aparecer na foto en primeira fila cando o editor de La Voz presentou alí un libro. Trátase do mesmo que criticou a Beiras desde a súa atalaia de superioridade moral por manifestarse contra as minas de ouro en Corcoesto. Claro que o fachineiro informouse de que a filla do tal académico é quen leva a empresa de comunicación para presentar aos de Edgewater como benefactores da sociedade galega. Paga a pena ver o vídeo “salvemos Galicia da megaminería”. Só hai que buscalo así en youtube. Non se pode dicir máis en tres minutos.

A.Q.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s