XXXVI ROMAXE: O LUGAR E A SÚA HISTORIA (I)


Xosé Luis Sobrado e Xabier Blanco

Foto Romaxe O día 14 de setembro darémonos cita en Santa Uxía de Lobás, no concello do Carballiño, para celebrar a nosa XXXVI Romaxe.

A presenza humana nesta parroquia vén xa de moi vello, atopando restos desta pegada no lugar do Castro de Mosteiro, onde parece evidenciada a importancia que tivo o enclave relacionado coa minería, xa que nas súas escavacións arqueolóxicas foron moitos os restos de fundición atopados.

O período medieval está marcado pola existencia do Mosteiro beneditino feminino atopado no lugar ao que lle dá nome, O Mosteiro, evidenciado polo primeiro documento datado no ano 1185 no que a súa abadesa, Sancha Raimúndez, aparece mencionada. No Mosteiro, as monxas van desenvolver unha intensa vida relixiosa durante 800 anos, pero tamén económica, converténdose en donas de moitas propiedades espalladas polas terras próximas – e non tan próximas- ao propio Mosteiro. Por concesión real ás monxas, o chamado Coto de lobaes, comprende neste período as parroquias de San Pedro do Mosteiro, Santa Uxía de Lobás e san Miguel de Piteira, quedando reservada para a abadesa do Mosteiro a potestade do nomeamento de xuíz, meiriño e escribán, o que supón un importante privilexio, impartindo así a xustiza dentro de dito Coto.

A finais do século XV, a reforma beniditina obriga ao peche dos pequenos mosteiros e ao ingreso das monxas no de San Paio de Compostela, cousa que non sucede con este pequeno cenobio no que, a súa abadesa Inés de Sanabria, négase a facelo sendo acusada de desobediencia e desacato á autoridade. Será a propia Inés quen nos conte na romaxe os motivos que a levaron a desobedecer. Seguiremos informando.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Romaxe coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to XXXVI ROMAXE: O LUGAR E A SÚA HISTORIA (I)

  1. Pingback: XXXVI Romaxe: de Romaxe coas discípulas de Xesús | Comunidade Base Coia

  2. Juana di:

    Queriamos saber si vay haber carpas de pulpo carne o caldeiro etc. se hay ¿ Hay que reservar ?. E estan no lugar da romaxe ou hay que desplazarse? Interesame que me informasen pois somos un grupo de amigos que vamos ir.moitas grazas .

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s