Anxo Lamas


Rubén Aramburu

En Bazar, na Terra Chá, vive coma un monxe cósmico o pintor Anxo Lamas, que reza laudes sen máis verbas có canto da laberca, do merlo, e do malvís cando é outono. Hai moitos anos, tantos! estudou no seminario para crego, mais buscou outros altares ceibes, primixenios. Aprendeu con Dalí, con quen rifaba ás veces, e é por iso que pinta cristos arrepiantes, pois son o que son a imaxe dun home torturado, asoballado, vendido e vencido… cristos en cruces fracasados. Deixou miles de cadros polo mundo, e se vos achegades a Bazar atoparedes no seu estudo centos de táboas de cores e figuras. Son táboas que tellaron alpendres e casas xa esquecidas na Terra Chá, quizais como querendo resucitalas do exilio da memoria. O estudo de Anxo Lamas semella unha capela de romaxe, unha hermida de santiños pequeneiros e humildosos, sen incensos  nin roupaxes, vestida coa luz da natureza. En Castro de Ribeiras de Lea, onde doou parte da súa obra ao pobo, presentaron na véspera das Letras un libriño seu de poemas, ben fermoso. É breviario de paxaros, de fontes, de vellos, do acordo doloroso da naiciña,  da terra, dos ratos, das vacas contemplativas. Como é maio, quede aquí este cantar coma unha floriña ao pé da nai do noso Señor.

 Nosa Señora da Portería

No seu agocho, no alto dun outeiro

no pedestal de egrexio, trono

na igrexa de laxas pizarrentas

enraizada no que antes foi castrexo

reina a señora.

Ca súa cariña guapa, mira compracida

ós homes e ás mulleres que a visitan

alédase de velos cada día.

Salve a ti! raíña da dozura

que gardas compracida a portería.

Salve a ti! alegre bolboreta.

Que cobres co teu manto a freguesía

abenzoada sexas eternamente

no teu outeiro.

Que a todos nos vixía.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s