A construción dunha cultura do encontro


Jorge Bergoglio

Fragmento extraído do libro entrevista, RUBIN, Sergio; AMBROGETTI, Francesca: “El Jesuita, conversaciones con el cardenal jorge Bergoglio, sj”. Editotrial Vergara, 2011.

“….A cultura do encontro é o único que fai que a familia e os pobos vaian adiante … Por certo que esa é unha débeda pendente, porque aos arxentinos cústanos atoparnos. Somos especialmente sectarios, enseguida armamos o boliche propio… Animaríame a dicir que nos encanta guerrear entre nós.

Supoñemos que en tempos de crises, onde todo o “establecido” adoita cambalear, iso adquire unha maior vixencia. 

A palabra crise vén do grego e significa zarandear. A peneira, a zaranda, permite salvar o que hai que salvar e descartar o demais. Neste momento creo que, ou se aposta pola cultura do encontro, ou perdemos. As propostas totalitarias do século pasado -fascismo, nazismo, comunismo ou liberalismo- tenden a atomizar. Son propostas corporativas que, baixo o cacho da unificación, teñen átomos sen organicidade. O desafío máis humano é a organicidade. Por exemplo, o capitalismo salvaxe atomiza o económico e o social, mentres que o desafío dunha sociedade é, pola contra, de que maneira establecer lazos de solidariedade.

 Como se avanza cara a unha cultura do encontro?

Polo momento, reflexionando a fondo sobre o que é a cultura do encontro humano. Unha cultura que ten, como centro, a suposición de que o outro ten moito para darme. Que teño que ir cara a el cunha actitude de apertura e escoita, sen prexuízos, ou sexa, sen pensar que porque ten ideas contrarias ás miñas, ou é ateo, non pode achegarme nada. Non é así. Toda persoa pode achegarnos algo e toda persoa pode recibir algo de nós. O prexuízo é coma un muro que nos impide atoparnos. E os arxentinos somos moi prexuizosos; axiña etiquetamos a xente para, no fondo, esquivar o diálogo, o encontro. Así, terminamos fomentando o desencontro que, ao meu xuízo, alcanza a categoría dunha verdadeira patoloxía social.

 É só unha cuestión de prexuízos ou hai algo máis?

Creo que tamén  é un problema de comunicación fomentado por tres accións: a desinformación, a difamación e a calumnia. A primeira consiste en non dar nunca a información completa sobre unha persoa ou un episodio e entrar rapidamente no chisme. Os mesmos medios toman algunhas veces só o conflitivo, aínda que sexa un enfoque moi parcial. Para min, a desinformación é a actitude máis perigosa, porque dicir unha parte da verdade marea, desorienta ao receptor. A difamación e a calumnia son máis gravesmoralmente ca a desinformación, pero quizais non tan daniñas no plano do encontro.

Neste marco, como se afirma esa identidade que posibilita o encontro?

Ao meu criterio, o que afirma a identidade dunha persoa e dunha patria son tres horizontes claves: en primeiro lugar, o horizonte da transcendencia, que mira a Deus e posibilita a transcendencia cara aos demais. E o que non cre? Pode transcender, polo menos, a través dos outros, o cal permite evitar o illamento. Pero, sen o outro, non teño transcendencia. En segundo lugar, o horizonte da diversidade, que é o que enriquece un pobo. Unha diversidade organizada e harmonizada. Finalmente, o horizonte da proxección que leva, logo de mirar cara atrás para ver o que se recibiu, a enfocar cara adiante, cara a onde se quere e se debe ir.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Horizonte universal. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s