A lei da pirataría


O fachineiro da educación

Logo da folga de hai quince días contra a infausta LOMCE, esa Lei que -outro eufemismo máis- leva a palabra mellora no seu apelido -empregada co mesmo espírito ca o que se fai de liberdade, bilingüismo cordial, democracia, transparencia- o fachineiro quedou coa idea de que o que quere dicir ese texto é o mesmo cá lei da pirataría invocada por Jack Sparrow na película Piratas do Caribe: o que queda atrás déixase atrás. E así será. O que non saiba, non poida ou non teña con que na casa vai quedar atrás. E o que poida, saiba ou teña sorte xa se encargará o mercado -o mesmo deus ao que se venera no primeiro parágrafo dese Lei, xa publicado en Irimia– de precarizalo. Como dicía un titular humorístico pero cada vez máis verosímil “Atopan carne de bolseiro nas albóndegas de Ikea: era máis barata cá de poldro”. Déixanse atrás non só as futuras vítimas do sistema educativo, senón as do sistema económico, como podemos ver acotío. Pero ademais, iso que se chama comunidade educativa vai ter tanto poder decisorio no consellos escolares coma o gato dos comercios chineses que levantan o brazo. E o profesorado vai asentir ante as palabras da dirección coma os canciños que abanean a cabeza nos coches tuneados dos 80. E que dicir xa de que o galego deixe de ser materia troncal? Another cow in the corn. Poucas veces haberá unha folga máis xustificada, por moito que faga oídos de mercador algún representante do ensino concertado que aínda lle sabe ver aspectos positivos ao texto de Wert. In gold they trust.

A.Q.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

One Response to A lei da pirataría

  1. Como se nota que non creen no país e, por tanto, non se molestan en tomar nada en serio. Están nun plan tan agresivo que non pararán ata convertir en analfabeto ao país enteiro, en separatistas ós habitante de Segovia ou en entregar a calquera multinacional o agro galego por xunto. Porque se non, cómo é posible que a nosa comunidade esté a cabeza de España en importación de alimentos?. Cómo é posible que a maioría da xente de este país siga durmindo mentres desaparece?-

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s