Un descubrimento que non abriu telexornais


Todos os que tivemos que estudar algo de literatura galega recordamos o que eran os séculos escuros. Ese período da nosa literatura no cal case non hai testemuñas escritas en galego. Despois do esplendor da Idade Media e ata a chegada dos Cantares gallegos de Rosalía hai moitos e moitos anos de silencio oficial da lingua.

Pois resulta que hai pouco fíxose un descubrimento importante para a nosa lingua que vén de acurtar un pouco todo ese tempo de séculos escuros. Trátase do , que está datado en torno a finais do século XIV principios do XV. En cadea sen prijon chámase este cancioneiro. Son un total de vinte e tres poemas de temática amorosa que se afastan da idea das cantigas medievais, xa que non están pensadas para ser cantadas. É o que se chamaban dizeres, poemas para ser recitados. Logo nesta obra hai un poema relixioso de máis de cen versos que supón que hai máis poesía relixiosa culta na antigüidade ca as Cantigas de Santa María.

É unha mágoa que este descubrimento non abrise telexornais e publicacións canto menos en Galicia. Pero sen dúbida trátase dunha boa nova que engade un extra de valor á nosa literatura. E agora a soñar. Haberá máis textos gardados en caixóns de casas por Galicia adiante?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

One Response to Un descubrimento que non abriu telexornais

  1. Desgraciadamente habería… pero coméronos os ratos ou vendéronos as nosas “forzas vivas” (nunca mellor dito), como lle sucedeu o tímpano románico da igrexa de Carboentes (Rodeiro), que lembro eu aínda nos anos cincoenta do s. XX, colocado na parede exterior sobre dous ferros, a carón da porta lateral sur da igrexa, tamén románica, da igrexa parroquial. Unha igrexa ampliada (estarricada) seguramente no XVII cara a porta principal, o que suprimiu aquela xoia. Da que, mira ti, sabían “os ingleses” (na versión popular) que a mercaron. Onde andará ela?.
    SE queredes admirar uns canzorros eróticos desta igrexa non tedes mais que entraqr en internet.
    Uha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s