Galego para o mundo


Como as árbores non deixan ver a fraga, cómpre, arredor desa data simbólica das letras galegas, revisar a nosa mirada sobre o idioma. Porque non chegaremos a ningures afogándonos nun mar de sombras e ameazas, que as hai. Porque instalarnos no lamento lévanos a vincular o futuro da lingua a sensacións negativas. E esa “ligazón” non axuda precisamente ao galego.

O que si axuda son outras ligazóns. Iniciativas como a que leva tempo en Youtube , “lingua minoritaria”, realizada desde o Servizo de Normalización Lingüística da USC por Manuel N. Singala e Manuel Bermúdez, o primeiro deles, por certo, colaborador de Irimia hai anos durante ben tempo. Nese vídeo apúntanse cousas tan obxectivas e elementais que son precisamente as que tendemos a esquecer. Un esquecemento que, como indicamos, non axuda á causa que defendemos.

Que cousas son esas? Pois, por exemplo, que o adxectivo “minoritario” non é  tan inocente e, dende logo, non é xusto. Que no mundo se falan máis de 5000 linguas. E que se as clasificamos por número de falantes, o galego ocupa o lugar 136. E aínda máis, Google está en 118 idiomas, un deles o galego. Windows, está en 95 linguas, unha delas o galego, que tamén é unha das 79 linguas do Facebook. O galego é así mesmo o número 49 en número de libros traducidos e ocupa o posto 37 en páxinas da Internet.

Pero hai máis: todos eses cálculos son do “galego en solitario”. Pero a nosa proximidade ao portugués, aínda non suficientemente valorada pola xente, polo profesorado e os gobernantes, fai da existencia viva do galego un tesouro e do seu cultivo e promoción, unha aposta de futuro.  E iso verificámolo cada vez que viaxamos e temos a ocasión de toparnos con alguén de Portugal en Francia ou Alemaña. Daquela recobramos unha agradable sensación de irmandade e “utilidade”. Por iso, entre outras cousas, non se pode entender que non se favoreza a recepción libre a aberta da televisión portuguesa en Galicia, ou que non exista unha planificación educativa que permita aos nosos rapaces a arribada ao portugués escrito e falado desde o galego.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s