T.V.


Xoan Guillén Vázquez

Na televisión hai moitos programas prescindibles. Hai bastantes que realmente son impresentables. Pero no medio da lameira hai algunhas cousas que pagan a pena. Hoxe vou falar dun programa deses. Trátase de Salvados de La Sexta. Naceu como un programa de humor que pretendía facer entrevistas molestas e gastar bromas a determinados famosos. Non era nada orixinal e simplemente era entretido. O modelo xa estaba máis que visto.

Pero dende hai varios anos o modelo cambiou e agora tratan un tema por semana. Un tema de actualidade con certa profundidade. Mediante entrevistas a persoas relacionadas con ese tema e con experiencia. O seu presentador, Jordi Évole, non rexeita ningunha pregunta incisiva e así vainos explicando a realidade do tema a tratar.

Así puidemos ver ao actual presidente da Deputación de Ourense dicindo que non pon a man no lume por seu pai, vimos a José Luis Sampedro explicando a súa visión da crise, do gasto das embaixadas, do futuro das pensións, do gasto farmacéutico….

Un programa interesante. Pode gustar máis ou menos, podes pensar que é tendencioso ou imparcial. O que non podes negar é que fai pensar. Lembra, os domingos ás 21.30 en la Sexta.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s