O teatreiro consciente do país


O fachineiro de Vidal Bolaño

A.Q.

Debe recoñecer o fachineiro que calquera que se encarase con Portomeñe (ese que dicía antes de saír ao balcón que cadrase acompañando a un persoeiro “bueno, ahora vamos a hablar en gallego”) que xa ten unhas cantas rifas para caer ben. Encarouse verbalmente, claro, porque falando de Vidal Bolaño era tarefa graúda manter o tipo perante semellante figura. O feito de se lle quentar a boca custoulle a Roberto unha década de ostracismo que lle impuxo o digno antecesor de Pérez Varela, xa sabe o lector, o de Carmiña Burana. E cando Bolaño solicitou o apoio da profesión teatral dixéronlle, chaval o que paga manda e nós temos que comer. Si, isto pasou nun país democrático, como diría o noso presidente. Se por riba vai e se despacha ata quedar a gusto na obra Caprice des Dieux (poñendo xa non digo nomes e apelidos, pero si defectos e vicios facilmente atribuíbles a este ou a aquela) é que estamos ante un tipo de fiar. Paga a pena lembrar o comezo da súa declaración de intencións cando volveu coa súa segunda compañía, Teatro do aquí: “Nalgún recuncho ignorado do noso presente, ten que haber un teatro do hoxe e do aquí posible. Un teatro con fe abonda en si mesmo e na sociedade na que nace e á que serve, como para ser quen de saír ao encontro de poéticas propias, capaces de traducir en términos de universalidade o particular, e de reafirmar as capacidades potenciais da nosa cultura e dos nosos creadores para se incorporar por méritos propios á dramaturxia e ao teatro universais. Un teatro que contribúa a lle restituír aos cidadáns o dereito a un lugar de encontro no que se espellar, co que poidan sentirse identificados e ao que cheguen a ter como propio.” Pois nada máis que dicir.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Fervedoiro coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

One Response to O teatreiro consciente do país

  1. O seu papel no teatro foi collendo forma e gañou unha moi boa imaxe dentro da escena, mesmo antes de facer nada. E por iso ao crear Teatro de Antroido houbo moitísimas expectativas pero, insisto, o seu teatro estaba aínda por chegar. Roberto realmente aparece cando os outros xa brillaban en Abrente. E el chegou cando Abrente xa estaba a morrer. É Vidal Bolaño un fundador? A verdade é que dentro da profesionalización é a persoa máis importante e relevante, pero forma parte dunha segunda xeración. Na primeira estaba Lourenzo e na seguinte, Roberto. Realmente coincidiron nun determinado momento, pero as sensibilidades e os seus textos son moi diferentes.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s