Palabras que merecen respecto


Daniel López 

Resulta frívolo o uso da palabra “nazi” para cualificar a xente indignada por todo o que está a pasar e que se dedica a afear, facer presión e poñer en evidencia a quen se supón que tería poder para gobernar e facer as cousas doutra maneira. Frivolidade interesada e ignorante ese uso. Pódese estar de acordo ou criticar con razóns.  Pero hai que respectar certas palabras. Dígase escrache, acoso, afeamento,  desesperación, ou como se chame. O nazismo foi outra cousa. Foi algo moi serio; unha combinación de poder total, propaganda mentireira e perversidade única, unha vergonza para toda a humanidade, o mal en estado puro.

Uns dos que máis saben do nazismo son os gregos. Aturaron unha cruenta invasión por parte daquela Alemaña imperial e autoconvencida da súa superioridade étnica. Os nazis –os de verdade- non só mataron, torturaron e destruíron vidas e infraestruturas, senón que obrigaron ao Banco de Grecia a conceder vantaxosos préstamos para financiar o exército ocupante. Nunca se devolveu, nin se compensou a Grecia por aquela ignominia.

Agora Grecia débelle á troika 240.000 millóns de euros. Pero no informe secreto da administración grega sobre o que Alemaña debería compensar por aqueles “excesos” fálase de 162.000 millóns. Creo que nin ao estado nin á banca alemá lle fan graza eses cálculos. Falando destas cousas si se podería usar a palabra “ nazismo”.

Por certo Josef Ackermann, presidente do Deutsche Bank, informou o ano pasado de que os beneficios de 2011, en plena crise, da entidade que preside, ascenderon a 8.000 millóns de euros. O paro en Portugal, España e Grecia non para de subir, montados os seus gobernos no dogma do déficit 3% imposto por Merkel e o consorcio de intereses banqueiros alemáns.  Pois si, resulta un curioso contraste o de comparar a situación dos países periféricos co feito de que os beneficios do Deutsche Bank subiran un 67% entre 2009 e 2011.

Pero hai máis, porque se acaba de demostrar que o “estudo econométrico” dos expertos Reinhart e Rogoff, o que máis citaban Wolfgang Schäuble e Oli Rhen (o ministro alemán e o comisario europeo de finanzas) e que “demostraba cientificamente” que a menciña que se lle está a dar ao enfermo europeo é a correcta, resultou ser unha fraude, algo feito sen rigor, con medias verdades e con fórmulas erróneas. Pura propaganda. Unha falsidade que serve para xustificar unha nova dominación, e unha nova servidume.

Pero non é nazismo, vaites!  Aínda non!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s