O fin da pureza


O presidente Feijoo tivo que pasar polo mal trago de dar explicacións perante o Parlamento por unhas fotos do tempo no que exercía de alto cargo con Fraga. As fotos non eran con calquera, nin en calquera sitio. Ese foi o problema. As fotos eran no iate dun narcotraficante actualmente convicto e preso, un dos mitos das Rías Baixas daquela época terrible, a da xeración perdida, a do enriquecemento obsceno duns a conta da inmensa dolor dos outros. 

Era unha época na que os escolares de Arousa non aspiraban a aprender, senón a dedicarse ao “fume”. Era época de mansións insultantes, dos fillos ionquis, rotos para sempre, das nais loitadoras, da incomprensión máis absoluta cara a elas –as tolas-, da permisividade social cara a uns capos que creaban tantos “postos de traballo” e, un dos feitos máis graves da historia de Galicia, da promiscuidade entre os narcotraficantes e o poder político. Tamén, non hai que esquecelo, era tempo de agradecidos párrocos aos xenerosos doadores o día do santo patrón.

Era o momento crucial no que Galicia puido converterse na segunda Sicilia, ou na terceira Colombia. Pero non foi así. Porque tamén houbo reacción e loita, concienciación, traballo a esgalla das organizacións de base, cooperación decisiva de xuíces, loita política, social e mediática. E a cousa foise controlando e, cos seus peros, cos seus máis e os seus menos, aquela guerra foise gañando. E boa parte dos capos, o amigo de Feijoo incluído, acabaron presos.

A cuestión é esa. Era unha guerra contra o narcotráfico, tan aceptado, tan “incluído” na nosa cultura; contra os clans: os Oubiña, Charlíns, Dorado, Terito… Era unha guerra na que todos coñeciamos o inimigo, con nomes e apelidos. Non vale dicir, “eu non sabía”. Porque saber, sabíase. Estaba na fala da xente, nos arquivos policiais, nas novas da prensa, nos soños infantís, na desesperación das nais.

A cuestión é esa. Hai un presidente da Xunta que naquela guerra, estaba no lado incorrecto, o mesmo que presumía de pureza. Algo rompeu. E é difícil de recompoñer.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s