Traballar para o inglés (e para o francés)


O fachineiro do despedimento

A.Q.

Como case todo o mundo saberá, esta expresión refírese ao traballo que un fai para que outros tiren proveito, o que máis ou menos define a conxuntura económica actual (e pasada), porque tamén sabemos que uns roxan o forno e outros veñen enfornar. E os que roxamos somos sempre os mesmos. O caso é que con esta frase dirixíase a este fachineiro un futuro parado da cadea de electrodomésticos Darty. Están de liquidación de existencias. “Todo pensado”, di o empregado: “contrataron unha empresa de publicidade inglesa, poñemos uns letreiros grandes e fartámonos a vender aínda que os descontos son do 10 ou, como moito, do 20%”. A empresa decidiu facerse forte en Francia e o Benelux e pecha por aquí. Pero as rebaixas xa as iniciou cando hai uns anos desembarcou entre nós e comprou San Luís. O primeiro que fixo foi cambiar os folletos publicitarios que San Luís tiña en galego e traducilos ao castelán. Nin sequera se molestaron en disimular con outra maquetación, como ben soubo ver a irimega Charo. Tiñan claro que o que alí sobraba era o galego; simplemente invisibilizaron a lingua. Agora tamén sobran os empregados. Ficamos sen cadea propia, sen lingua de noso nesa empresa e agora tamén sen os empregos. Traballar para o inglés sen o galego. Iso tamén resume a conxuntura lingüística. No ermo, como diría Noriega Varela.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Traballar para o inglés (e para o francés)

  1. No caso galego, a desamortización tivo un impacto relativo para o mundo monacal e campesiño. A estrutura social da Galiza non sufriu mudanzas significativas. O sistema foral preocupou aos economistas e á sociedade decimonónica, mais só se produciu un intento exitoso de modificación do réxime da propiedade: a lei de redención de foros de 1873 (defendida por Paz Novoa nas Cortes da I República ). Durante seis meses uns miles de campesiños acomodados puideron libertarse das rendas forais. O clero tamén perdeu algúns privilexios anteriores ás desamortizacións dos anos 40, 50 e 60, mais non é o campesiñado o beneficiado, senón comerciantes, nobres fidalgos e profesionais urbanos.

  2. Neste especial atopamos propostas de aula (con algún pequeno traballo de investigación para a posterior posta en común e reflexión xunto con algunha idea apenas enunciada: elaboración dun traballo audiovisual); algúns xogos que cumpría adaptar ao galego; e o conxunto de recursos do proxecto Linguas no camiño , que achega materiais audiovisuais e ligazóns útiles mais que xa ten un antecedente de maior rendibilidade didáctica como Os camiños das linguas ou como facer unha rota do plurilingüismo , do profesor Luciano Fernández .

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s