Ben polo Papa


Estoulle dando á tecla sendo Venres Santo. Ti lerás isto ben entrada a Pascua. O de escribir para esta revista évos así.

Onte o Papa Francisco oficiou a misa de Xoves Santo nun cárcere para menores. Ben polo Papa. Ademais eu intentei botar un ollo para ver as imaxes en directo de tal acontecemento, que se supón que era digno de ver, pero non vin nada. Sorprendido, souben que non había imaxes en directo e que as que ía haber se farían públicas despois do acto. Acáboas de ver e nelas aparece un Papa predicando coma un párroco a un grupiño de mozos con exemplos próximos. Ben polo Papa.

Ademais o lavatorio de pés fíxollo a doce destes mozos (dos que non se ve en ningún momento a súa imaxe, boa idea), no canto de facerllelo a doce curas, como era costume. Ben polo Papa. Ademais, nestes doce había dous musulmáns e dúas mozas. Ben polo Papa.

Eu lembro cando, non hai moitos anos -non son moi maior-, na miña parroquia o párroco decidira lavar os pés en Xoves Santo a doce mulleres da parroquia. Foi algo polémico entre a freguesía.

Dixéronme que era preciso ter un Papa que fixese xestos que entendésemos todos e non un que escribise encíclicas que só len uns cantos. No que ultimamente estou aprendendo de oratoria din que nas mensaxes é tan importante o continente coma o contido. Tan importante é a forma coma o fondo. De palabras, na Igrexa, xa estamos cheos. Se cadra, chegou o momento dos xestos.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s