Pensa globalmente; actúa localmente


O fachineiro da homilía fundamentalista

A.Q.

 Lía o fachineiro estes días de aí atrás que o Vaticano se aliara con países fundamentalistas, coma Irán, para rebaixar o texto da ONU contra a violencia de xénero cando di que a relixión ou a tradición non poden ser escusas para exercela. Tamén lía o da profesora de Doutrina Social da Igrexa en Valencia que sostén que, se o home che é infiel hai que ficar a carón del aínda que sexa con bágoas nos ollos porque iso é amor, ou que dunha violación se saca algo bo: un fillo. Tamén vía o fachineiro na tele o apoio dalgúns curas mallorquíns ao seu compi pederasta xustificándoo porque cando abusou dunha nena (tiña 10 anos) non era nada cohibida. Pois iso globalmente, que actuar localmente foi o que fixo o señor cura -poñamos ao chou- dunha imaxinaria parroquia de Santalla, concello do Corgo, provincia de Lugo, que se expresou o domingo de Ramos en termos similares. “Maltrato, maltrato… En que matrimonio non hai roces?” Tamén entrou no terreo económico ao recomendar á septuaxenaria audiencia non saír a protestar e que os das preferentes puxesen a outra meixela. Isto xusto antes de pedir cartos, porque tivera que comprar unhas cousiñas. Conclusión: hai empresas que non teñen remedio.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: