O voto crítico do pobo italiano


Moisés Lozano Paz

AGN - ELEZIONI AMMINISTRATIVE 2012: BOOM DEL MOVIMENTO 5 STELLE Recentemente en Italia celebráronse as eleccións para a Cámara de Deputados e Senado. Nestes momentos está por ver se cos resultados acontecidos é posible formar goberno ou non. As eleccións producíronse logo de 15 meses de Goberno técnico e de dous meses de campaña electoral.

 

UNS RESULTADOS INCERTOS

 

O ganador do Senado en porcentaxe de votos foi Bersani, co 31,6%, seguido de Berlusconi, co 30,7%, Beppe Grillo, co 23,7%, e Mario Monti, co 9,1%. Con todo, a actual lei electoral, alcumada a “cochinada” e que os partidos non lograron cambiar durante o Goberno técnico, outorga máis senadores a Berlusconi (110) que a Bersani (97). Tendo en conta que Monti só obtería 18 senadores, o seu posible acordo con Bersani non sería abondo para un goberno estable. A chave, xa que logo, estaría nas mans de Grillo, que dispoñerá de 58 senadores, pero non sería moi lóxico que o Movemento 5 Estrelas, cuxo combustible foi a crítica ás malas artes da casta política, caia nos mesmos xogos.

Así, o panorama sería unha Cámara de Deputados de centroesquerda e un Senado que impediría a tramitación de calquera decisión do Goberno. Agora correspóndelle ao presidente da República, Giorgio Napolitano, tomar unha decisión moi difícil: poderíalle encargar ao líder do centroesquerda formar un goberno con visos de estabilidade ou ben Bersani podería chegar a un acordo con Beppe Grillo co único obxectivo de reformar a actual lei de partidos e, entón si, volver convocar eleccións. Aínda que nunca se fixo, a Constitución permitiría tamén convocar eleccións só para o Senado. A última posibilidade sería a de convocar novas eleccións.

UN VOTO CRÍTICO ANTE A POLÍTICA DE AUSTERIDADE E DESIGUALDADE

A irrupción de Grillo e os seus soubo interpretar as enormes ganas de cambio que percorren o país. Grillo contestou a esa urxencia insistindo en temas moi sentidos: corrupción, honestidade, transparencia, legalidade, medio ambiente. Mestura temas de dereitas e de esquerdas: fala de renda básica, pero dispara contra os sindicatos. A crise que acosa os cidadáns e os escándalos que afectan aos grandes partidos deixaron terreo fértil para quen se presenta como o castigador dos males incrustados no sistema, da austeridade imposta por Europa e da protección dada aos bancos. Quen reúne nas prazas a centos de miles de seguidores ao berro de “¡Todos a casa!”.

En efecto, como están empezando a advertir non poucos observadores, o fenómeno Beppe Grillo non debe interpretarse coma se fose un moderno titiriteiro embaucador, senón máis ben ao revés: o mascarón de proa escolleito por un movemento social pluralista e asembleario para aglutinar e empaquetar nun movemento socio-político todas as múltiples e heteroxéneas voces de rexeitamento á clase política que emerxen da sociedade civil. Pois, de feito, tanto pola súa idade e extracción social (mocidade de clase media titulada e profesional) como polas súas ferramentas organizativas (as redes sociais das TIC) e mobilizadoras (a ocupación festiva das prazas públicas), ao que máis se parece o italiano Movemento 5 Estrelas é ao noso movemento dos indignados do 15-M e todas as súas secuelas: o movemento Rodea o Congreso do 15-S, o Stop Desafiuzamentos da PAH e as mareas cidadás de todas as cores (branca, verde, negra, laranxa, etcétera).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: