Tempo estraño este que vivimos


Rubén Aramburu

Tempo estraño este que vivimos de dimisións inesperadas e retransmitidas minuto a minuto. Tempo de despedidas e benvidas. Os medios de incomunicación nas mans dos poderosos deciden quen é interesante e quen non, quen se axusta á democracia que eles delimitan. Durante anos ofreceron unha imaxe denigrante de Venezuela e de Hugo Chavez, ofrecían as imaxes precisas para que pensasemos que era un tolo e un ditador. Pero esquecían ou silenciaban discursos e accións que erradicaban a pobreza, o analfabetismo… Claro, eran perigosos… Como se lle ocorre a esta xente dar voz aos millóns de miserables venezolanos que nunca contaron nos censos, que non tiñan aceso á educación, á sanidade… Como se pode vender un país a Cuba, din, un país que era propiedade das multinacionais americanas do petróleo, un país que vendía ao mundo a imaxe dunha fábrica de mises caribeñas… Como se lle ocorre ao comandante plantar cara ao FMI ou ao Banco Mundial…

No centro do mundo occidental o papa ancián organiza o seu retiro, retransmitido coma se fosen os óscars de Hollywood. Hai un novo Papa e os medios nunca tanta noticia venderon. Pero a bolsa, os mercados, nin se inmutan… non hai perigo. Diminúen nos xornais e nas televisións os berros dos inocentes nas guerras xustas que hai no mundo, os berros dos millóns de seres humanos condenados á fame, á morte. Tranquilos. HABEMUS PAPAM.

Deséxolle ao papa Francesco moito valor e moita coraxe e oxalá sexa coma din, signo de tempos novos. No entanto, desde esta friaxe invernal que non nos deixa: ata sempre Comandante!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s