Sutilezas, as xustas


A.Q.

O fachineiro da cultura

 Cultura é unha das palabras máis deformadas e peor utilizadas que podemos escoitar decotío en calquera faladoiro: de “cultura da vaca”, con ánimo non meliorativo para as nosas xatas, falaba un guitarrista galego que se dedicaba ao flamenco. O “mundo da cultura” andaba piando por un interlocutor co que falar xa que o conselleiro do ramo esquecérase de nomear un. E vai e ponlles un director da AGADIC que vén do ladrillo. Non é que sexa escaiolista ou colocador de pladur (quen lles dera) senón que parece que foi nomeado coma os conselleiros da obra Celtas sen filtro de Ferrín. Pero claro, xa sabemos que a cultura, se vai modificada polo adxectivo ‘galega’ está ben, pero limita, segundo o epifonema do exconselleiro. Así que aí temos ao novo responsable, Jacobo Sutil. Sempre haberá quen diga que o que hai que saber é xestionar e rodearse dun bo equipo. Para mostra, o noso presidente, que na recepción a unhas alumnas galardoadas cun premio, confesou non saber que curso era 4º de ESO. Dado o interese posto no asunto, supoñemos que o homiño en cuestión fará tanto coma se no seu lugar houbese un aparato de fax, que ademais nos sairía ben máis barato. Claro que o fachineiro augura que desa boca han saír titulares, e ben deles. Marta Rivera de la Cruz xa ten competencia.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s