Os rumores que veñen da internet


Xoán Guillén

Tento comezar os meus rumores e resulta difícil. É que non hai boas novas? É que non teño humor? Verdadeiramente non é iso. O que pasa é que estou sentado diante do ordenador e de xeito compulsivo doulle ao navegador e comezo a viaxe por mundos fascinantes e sinxelos.

Entón doulle unha volta ao blogue de Cibrán que se chama Carta Xeométrica e comezo a ler e a atopar novas, e claro, non comezo a escribir. Logo vou aos blogues que el recomenda e paso ao de Francisco Castro que se chama A canción do náufrago e non dou comezado a escribir os rumores. De aí atopo o fantástico e marabilloso Trafegando ronseis e mentres que leo e vexo cousas deliciosas pasa o tempo e non lle dou á tecla. E así pasa o tempo e o tempo e non dou escrito nada.

Na rede hai de todo. Hai moita cousa que non vale para nada pero hai moito aproveitable. Agora é máis doado ter unha información e unha opinión diferente á imposta dende arriba. Cun pequeniño esforzo podemos atopar cousas frescas, creacións interesantes, novas visións das cousas. Claro, non son formas de comunicación de masas. Non son líderes de opinión. Son rumores. E claro, a min os rumores que non cheiran a falabarato gústanme. Se calan estes, falarán as pedras.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

One Response to Os rumores que veñen da internet

  1. Cibrán di:

    Ata hoxe non vin esta entrada. Moitas grazas polas referencias.
    O certo é que eu preferiría poñer noticias máis positivas, pero as cousas son como son.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s