É posible


Chego coas mans nos petos e descubro que os traio cheos de esperanzas, ideas e agradecementos. Sei que non os encho soa, senón que se van enchendo con achegas das persoas que forman parte da familia afectiva, das compañeiras de camiños, de persoas amigas, doutras que saúdo na rúa e mesmo dalgunhas que non coñezo pero tamén agrandan o peto.

Hai días, na pequena pantalla vin un anuncio deses que nos fan reflexionar. Nel sae o compañeiro Manuel dicíndonos que cando cheguemos aos oitenta anos, teremos doce mirando unha pantalla (móbil, táboa, computadora…) nos que non miraremos o que nos rodea. Así, esvaecerán as postas de sol e o amencer, o paseo coas amizades, o son do mar ao bater nas rochas, as palabras alentadoras, as charlas e xuntanzas…; unha chea de agasallos que, na ausencia, baleirarannos os petos.

Manuel convídanos a imaxinar cantas cousas boas estaremos perdendo; convídanos a desconectar do prescindible, e conectar co verdadeiramente importante, co interior. Tamén a non destrenzarnos da vida colectiva, esa praza onde nos atopabamos sempre. Ese traballo comunitario, en equipo, apoiándonos unhas a outras, creando espazos comúns e alternativas á realidade que en ocasións nos desgusta ou desalenta. É posible? Non, É posible!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s