Invisibilidades


O fachineiro do Sáhara

A.Q. 

Hai persoas invisibles e conflitos invisibles. Hai palabras que Cospedal ou Rajoy fan inaudibles e hai eufismos ridículos. E logo está a invisibilidade de Raúl Castro a ollos de Merkel que lembrará o lector atento do anterior fachineiro. No apartado dos conflitos invisibles, o do Sáhara vai camiño dos 40 anos. Imaxinemos o que sería vivir de cámping catro décadas. Xa? Pois agora imaxinemos o mesmo pero en Tinduf, nun campo de refuxiados do deserto alxerino. Despois de que a “potencia colonial” española abandonara o Sáhara occidental, este territorio foi invadido por Marrocos, que dende aquela vén violando sistematicamente as resolucións da ONU e que recusa o referendo de autodeterminación acordado no seu día (para celebrarse no ano 1992!). O caso é que a Siemens, unha das empresas sobranceiras do país da chancelera Merkel gábase de ter creado unha planta de enerxías renovables en Marrocos. En realidade a planta está situada no Sáhara occidental, aínda que iso nada lle importa á Siemens, que semella ter lagoas na lección de xeografía e tampouco parece que lle importe a Angela. E a nós, impórtanos?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s