Miopía empresarial


Pedro Pedrouzo Devesa

Un dos trazos que define a unha sociedade é a forma de acumular diñeiro dos seus millonarios. Hai sociedades que posibilitan que persoas como Steve Jobs se enriquezan partindo de máis inventiva que capital. Noutras sociedades, os millonarios fanse por ser terratenentes con petróleo. Hai sociedades nas que os millonarios se fixeron desmantelando industrias, como Rusia. Noutras mesturáronse mafia, recursos naturais e corrupción. Reflexionar sobre iso non é fútil. Parte da saúde social depende das oportunidades que dá cada sociedade aos seus habitantes. O keynesianismo empresarial naceu da brillante idea dun construtor de coches que ideou un utilitario para os traballadores: era Henry Ford, e o coche era o Ford T. Estábanse xestando así as bases da sociedade de consumo, que malia os seus excesos tamén posibilitou a creación do Estado do Benestar. Pero ningunha sociedade é exemplar. Esa mesma sociedade creou moito millonario construíndo as armas que destruirían países.

Malia algunhas excepcións, o capitalismo español nunca pivotou sobre a inventiva senón sobre o monopolio, sobre o poder do despacho. Máis atentos ao BOE que ás Universidades, a maioría das grandes fortunas españolas forxáronse sobre as capacidades sociais e políticas, (e non tanto as intelectuais) dos seus beneficiarios.

E ese mal seguímolo lastrando, agardando que sexan eses mesmos despachos os que nos saquen da recesión.

Por iso non é raro que os nosos empresarios teñan un innato talento para elixir representantes a persoas tan particulares tanto no seu labor profesional como nas súas declaracións públicas.

Díaz Ferrán, o empresario que pedía aos traballadores deste país gañar menos e traballar máis, amasaba unha fortuna mentres se arruinaba a súa empresa. Arturo Fernández, o rei do catering, pagaba en negro aos seus traballadores co agravante de ser concesións administrativas.

Non sorprende que os consellos que dan estes e outros empresarios reforcen a miopía económica deste país, que predica a miseria económica para os seus traballadores mentres o mercado de bens de luxo é un dos de maior expansión. Algo falla.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Política coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s