Ou soñar ou morrer


O claustro hoxe deserto de monxes

Manuel Regal Ledo
Xuntámonos o 2 de febreiro para a Festa do Lume que pola Candeloria organiza a Asociación Irimia, no antigo priorato de San Salvador de Bergondo. O claustro está volvendo á vida. Non agocha monxes, pero si xente inqueda que busca a Deus no mundo de hoxe, tal como quería San Bieito para quen pretendía formar parte das súas comunidades: que verdadeiramente busquen a Deus.

Ver como institucións no seu tempo tan potentes coma o monacato se viñeron abaixo, dá moito que cavilar. Os monxes, chegados ao punto ao que chegaran, ou tiñan que soñar ou tiñan que morrer. Non ousaron soñar, e daquela morreron. Era xa no 1835.

Na Festa do Lume tivemos a sorte de contar coa palabra dun soñador, Josep Manel Busqueta, que entre nós fixo de sementador de soños. A situación presente está pecha e incita á desesperación, porque hai millóns de persoas que o están pasando moi mal e porque estamos como se non existe alternativa. É un funcionamento de morte que desde hai uns aos se nos coou nas cidades, nas casas, nas despensas, despois de telo feito descaradamente por todo o Terceiro Mundo durante centos de anos xa ante a pasividade xeneralizada.

Seremos capaces de soñar en algo diferente? Parece que o temos difícil, porque, metidos en corpo e alma no sistema que nos configurou polos catro costados, pensar en algo distinto maréanos, descolócanos, infúndenos pavor, e imos por camiño de preferir morrer antes ca soñar.

Tareixa Ledo, que presentou un libro sobre as mulleres facendo teoloxía, apúntase a soñar, antes que a morrer. Xesús de Nazaré, a quen evocamos na Eucaristía, foi un soñador, sementador e construtor de soños, desde a paixón amorosa e a conflitividade, e dábame o corpo que as persoas que alí estabamos celebrando a Festa do Lume eramos tamén, cando menos e con gusto, aprendices de soñadores, e xente disposta a botar a andar soños polos espazos miúdos que ninguén nos pode arrebatar. A mochila, que trouxera vianda, volvía con semente de soños. Boa colleita!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s