Profes


Xoán Guillén Hai poucos días morreu no meu colexio a profesora Berta. Era a profe dos máis pequechos. Esta morte fíxome evocar con cariño á miña primeira profesora e por iso traio aquí estas reflexións. Recoñezamos que estas primeiras profesoras (ides permitirme que fale delas exclusivamente en feminino) son imprescindibles. Teñen algo de mamás sen substituír as nais. Son quen de tranquilizar aos pais preocupados. Secan bágoas e contan contos. Cantan, bailan, ensinan, escoitan, fan debuxos, decoran as súas aulas, toleran, esixen… O profesorado de cursos altos ás veces esquecemos que lles debemos moito. Toda a sociedade debería respectar e valorar a unha muller que é capaz de pecharse nunha aula con vinte e cinco nenos e nenas de tres anos e ser quen de ensinar a elaborar unha ficha mentres controla á nena que está no cuarto de baño. Para cando nas prazas das nosas vilas teremos monumentos a estas heroínas? Se cadra é porque este tipo de heroísmo é do que se garda nos sitios máis privilexiados. Está no corazón dos que foron alumnos e alumnas. Graciñas, Mercedes. Graciñas, Berta. Graciñas, …………….(pon o nome da túa).

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s