Parlamentarios europeos celebran o Entroido en Galicia


Daniel López

Nestes tempos de mareo e indignación, cos responsables políticos galegos sometidos a rexistros domiciliarios, supostas prevaricacións, tráficos ilegais e investigacións varias, recibimos visitas de parlamentarios europeos que revisan, por exemplo, o estado das nosas rías. E resulta que as rías, a pesar dos sucesivos períodos de fondos estruturais, seguen mal. As augas e os lodos dan mágoa. A depuración e a rexeneración dunha riqueza natural única en Europa, dun patrimonio natural orixinalísimo, levan un suspenso.

Inevitablemente, os parlamentarios, os auditores, os supervisores, no mesmo hotel no que se hospeden en Galicia, len a prensa, ou mírana no iphone. Así que, non lle hai que facer; infórmanse con pasmo de que hai un superdelegado do actual goberno da Xunta, máxima autoridade nunha cuarta parte do territorio, que está imputado penalmente no xulgado de Ribadavia por presunta malversación de fondos europeos cando exercía como presidente do denominado Centro de iniciativas para o desenvolvemento do Val do Miño.

O que disque se dirime no xulgado non é un defecto de xestión, un papel a destempo ou un incumprimento dun prazo. Vaites. O que os parlamentarios europeos len é que se trata de se Martínez, o home do PP-rama-Feijoo na provincia de Ourense ten, ou non ten que ver, cunha falsificación de documentos e se o tal Centro era, ou non era, un ‘chiringuito’ para redistribuír cartos de Bruxelas a persoas próximas ao seu partido por obras que non se realizaban. Nada menos.

Vaia, que toda Europa, a coro, están a escachar coa risa con estas cousas. Failles unha graza tola. Sobre todo aos chamados países doadores, aqueles que dan a Europa máis cartos dos que reciben, como Alemaña e Holanda.

A frivolidade no uso de fondos europeos, formou parte da barra libre. Farían algo máis ricos a algúns. Fíxonos pobres a todos. Pobres en dignidade, honra e prestixio. Cousas todas antigas, que xa non se levan. Agora lévase o de “que non te pillen”.

Imaxinativos centros sen inaugurar, outros en abandono total, piscinas imposibles. Cousas paveras, madia leva, mesmo un cocido en Nova York pagado con fondos europeos, pois tiña que ver co desenvolvemento rural do Deza.

Agora falan da “marca España”. Pois iso. Mellor Entroido é difícil de imaxinar.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s