O fachineiro dos medios… edos terzos, cuartos e quintos


exvozHai uns meses, pouco antes da convocatoria dos memorables comicios, expúxose nesta revista, como se concedían axudas a medios de comunicación que non era outra cousa que información comprada e/ou dirixida con diñeiro público. Non procure o lector a noticia en ningunha hemeroteca de ningún xornal non sendo na de Irimia, claro. Hai un par de semanas soubemos da concesión de 110.000 euros a La Voz e 90.000 a El correo gallego para que expliquen aos santiagueses e santiaguesas as potencialidades da cidade na que viven. Agora que Baltar ten cóxegas, La Región prefire titular, poño por caso, sobre o sábado de entroido en Verín. El país pechou a edición galega en papel porque o ludópata bolsista que dirixe o grupo prevé para este ano 2 millóns de perdas. El cobra 12. Hai uns anos xa houbo quen anunciou a morte dos medios tradicionais. Aínda non se viu tal, pero están en camiño. A xente informada agora prefire outras canles; e onda non, sempre está aí Sálvame. Para corroborar como os medios xa non son medios, -nin sequera cuartos, nin terzos, nin quintos- o fachineiro propón como exercicio para esta quincena a visita ao blog exvoz, de despedidos e cabreados do rotativo elcoruñés.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

One Response to O fachineiro dos medios… edos terzos, cuartos e quintos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s