Que máis pode pasar?


Daniel López

Que máis podemos chegar a saber? A que límites puido chegar esta barra libre dos felices 2000? Que parte do Estado, da rede de institucións, que partido está limpo?

Xa abonda! Claro, claro que hai xente boa e profesional e honesta en todos os estamentos: pero queremos atopala xa, sen ningunha dúbida! Necesitamos mostras, xente sólida para recuperar a confianza. Exemplos de dignidade, non só que non fagan, senón que, nin colaboren, nin disimulen a podremia. Porque nos negamos á resignación fatalista, a que as cousas son así porque teñen que ser así.

Como é posible todo ese asunto do ex-tesoureiro do PP? Que é iso de pasarse a pataca quente, e que ninguén saiba nada? Como é que non estamos na rúa, cun novo Nunca Máis!

O controlador dos cartos do partido que agora ten todo o poder sobre as nosas vidas, tiña unha conta, no Dresdner Bank de Xenebra, de 22 millóns de euros. Din os medios que pagaba sobresoldos a altos mandatarios do PP, en sobres, cartos negros que seica munguía mediante a  práctica do delito de suborno (cobrar ás empresas comisións prohibidas por concesión de contratos públicos). E Bárcenas foi o “home dos cartos” xa con Rajoy de xefe, durante máis de 5 anos. E parece que se acolleu ao invento este da amnistía fiscal! E se é certo, amnistiaron a un colega delincuente sen se decatar! “Foi sen querer”, din os pícaros pillados coa man no biscoito.

Pero o máis mareante da historia é que sae agora á luz, publicado por un xornal “próximo” ao PP, xusto cando ese delito prescribe (aos catro anos). Ademais, na versión de “El Mundo”, os beneficiados son xusto os que xa non están: Acebes, Cascos, Zaplana… o “dream team” de Aznar. E hai quen di que só se trata de calarlle a boca ao propio Bárcenas, que ameazaba con falar. E, como guinda, todo vén reforzar a imaxe de Cospedal: ela convenceu a Rajoy de que había que rematar con iso das propinas de a 10.000€.; ela di, enérxico o ademán, que “se revisarán as contas do partido….”

Pois logo, graciñas, Cospe. En tal caso, só un detalle: o matute nunca está nas contas, querida, senón precisamente no que non está nas contas! Pero veña, ti, dálles, non te achiques, dálles unha boa tunda coa peineta, que aprendan a peinetazos; ou zorrégalles coa mantilla ou co rosario, que vale tamén! Amósalles, ti que o sabes coma poucas, o camiño do enriquecemento legal, o dos tres soldos simultáneos, o dos máis de 240.000€ en 2009, legais e relucentes como as perlas dun colar.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s