Quo vadis, Ecclesia?


Outra historia máis que dá que pensar. Outro conflito que non é unha anécdota, senón un sinal dos tempos. A FERE (que agrupa aos relixiosos e relixiosas que rexentan centros educativos) acaba de renunciar a celebrar en Oviedo as súas xornadas pastorais. E faino por instrución do arcebispo, Mons. Sanz Montes, que estaba en contra dos relatores convidados a esas xornadas.

Hai un pano de fondo de tensión entre a FERE e a liña integrista predominante agora na conferencia episcopal española. A cousa pódese rastrexar desde aquel conflito, nada disimulado, orixinado cando a FERE preferiu o diálogo co goberno do PSOE sobre a famosa materia de educación para a cidadanía á confrontación directa, deixando en evidencia a liña Rouco (Kikos, Opus, Comuñón e Liberación, Medinaceli, etc…) con estreitos vencellos cunha parte, tamén a máis integrista, do PP.

Esas xornadas xuntaron nos últimos cinco anos a máis de 35.000 persoas, son itinerantes e exploran fórmulas e formatos innovadores para o traballo pastoral coa xente nova. Para darnos unha idea da dimensión do problema, entre os censurados neste edición das xornadas estaban, por exemplo sor Lucía Caram, dominica contemplativa, que falaría sobre o tema do magnetismo educativo e a fe (demasiado próxima ao catalanismo, seica); ou Juan Rubio, director da revista moderada de pensamento e realidade eclesial “Vida Nueva” (demasiado crítico coa liña dos bispos, quizais). Tamén pode ser – é máis que probable- que o problema o tivera monseñor Sanz con Serafín Béjar, teólogo da facultade de Granada, que ía falar de “O olor de Deus. Chéirame que cando ti dis Deus…..”

O monolitismo integrista da Igrexa católica é alarmante. A súa deriva sectaria asusta. Hai un serio perigo de inhabitabilidade, de deserto absoluto á volta do próximo recanto do camiño. Son eles e o seu coro de acólitos os únicos que non se decatan?

O caso é que traemos aquí esta historia por unha sinxela razón: o próximo lugar de celebración desas xornadas está previsto que sexa Santiago de Compostela, o 1 e 2 de febreiro. Que farán os noso bispos galegos?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actualidade coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

2 Responses to Quo vadis, Ecclesia?

  1. Será preciso analiza-las diferentes formas de exclusión social, establecendo unha clasificación e descrición axeitada que permita a optimización das accións: novas fontes de desigualdade (é o caso da bolsa potencial de inmigrantes, a virulencia dos fenómenos de violencia doméstica, etc.) rebordan as expectativas dos responsables en materia de exclusión e faise urxente unha actualización das formulacións de partida.

  2. Pingback: A FERE e os bispos | Aí falaches!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s