Corrupción


Xan Guillén

Esta mañá ía no coche ao traballo. Dáme tempo a escoitar as noticias dun par de cadeas de radio. Dun tempo a esta parte percibo que se está dedicando máis tempo a falar da corrupción de certos políticos ca da prima de risco.

Nin a corrupción nin a crise son boas noticias e non deberían entrar nesta sección, pero vou facer un esforzo para tratar de dar unha perspectiva boa e ser optimista.

Por que se fala tanto de corrupción? Pois se cadra porque se descobren máis casos. E se se descobren máis casos, non creo que sexa porque hai máis, senón porque andamos máis atentos. E se andamos máis atentos, se cadra é porque temos máis consciencia de que os cartos de todos son meus e quen mete man na caixa prexudícanos a todos.

Da crise imos saír. Non sei cando. Non sei como. Non sei grazas a quen. Pero se cadra saímos máis conscientes de que non podemos ter cargos públicos que rouban do ben común. Tal vez deixamos de pensar que a corrupción é a versión nova da picaresca. De seguro que saímos máis fortes.

Cando leas isto serán as xornadas de pastoral da FERE. Escoitei aí boas conferencias (algunhas non tan boas, coma sempre) que facían pensar en serio na fe que vivimos e en renovar a pastoral. Xa hai algún bispo coa tesoira querendo controlar ou prohibir. Valoremos o esforzo de quen loita para que continúen a ser un espazo de reflexión educativa e pastoral adaptado aos tempos.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s