Propósitos contra a derrota


Daniel López Muñoz

Está ben facer bos propósitos para un ano que comeza, mesmo coa conciencia de que non todos se van levar adiante.

Ademais, neste 2013, cómpre apuntar alto, porque estamos moi baixos. Así que vou aproveitar que fixen algo de orde nos meus papeis vellos e desempoei  algún recordo. Recordos con futuro. Concretamente, apareceume un papel marabillosamente escrito que era unha especie de motivación para o debate nun daqueles encontros galegos de comunidades cristiáns de base (ou populares, palabra que quedou secuestrada como tantas outras, pero que é ben xeitosa). Pois iso, que nesa reflexión, penso que datada hai uns vinte anos, dábanse elementos clave para repensármonos como persoas e como comunidades.

Un primeiro elemento remitía a unha pregunta sobre os fundamentos: de que se nutre a nosa vida, de que vivimos cada un de nós, aqueles que nos rodean, aqueles cos que conectamos, por simpatía ou por loitas comúns. Despois ía concretando máis, con preguntas –tan actuais, ou proféticas, digamos- como esta: dáse algo da “simplicidade voluntaria “, como actitude de anti-consumismo militante? Dáse algo de comunicación de bens co terceiro mundo? Estase presente nos grupos que formulan unha reforma do estilo de partidos, sindicatos ou outras organizacións para abrilas a unha meirande participación?…

E finalmente propoñíanse, para pensar, unhas “alternativas ao neoliberalismo infrahumano”, formuladas por Pedro Casaldáliga. Resulta sorprendente, á vista do que pasou despois, a súa capacidade premonitoria desta crise que estanos a vivir desde 2008. As propostas de Casaldáliga, eses grandes propósitos que hoxe quero retomar para que nos sirvan de estreliñas neste 2013 que comeza,  eran sete:

  • Supremacía do social contra supremacía do mercado
  • Solidariedade eficaz contra individualismo corrosivo
  • Afirmación cultural contra idolatría da globalización
  • Inclusión económica e social fronte a desemprego en masa
  • Dereitos humanos  contra violencia e impunidade
  • Estado social e participativo fronte a Estado mínimo e policial
  • Ecumenismo respectuoso contra sectarismo fundamentalista.

 

Quen dixo derrota? Ánimo, logo, que este partido está gañado.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s