As aprendizaxes dun Mago de compras.


Xa sei que cando leas Rumores de esperanzaisto o dos Reis Magos pasou hai moito tempo, pero eu acabo de chegar de facer de Mago e encherme de compras. Non son eu moi partidario das compras, que realmente me fan que o pase mal, pero penso que da experiencia de hoxe podo escribir un dramiña en dous actos.

Acto primeiro. Gran centro comercial. Ringleiras de xente en todas partes. Dependentes atendendo tres persoas á vez. “Non, diso non nos queda. Non, non sei cando nos chegará”. Calor. Xente de mal humor. “Queríao en papel de regalo.” “Entón vaia a ese mostrador.” Outra ringleira.

Acto segundo. Pequenos comercios. Xente en todas partes. Xefes e empregados atendendo de xeito personalizado. “Non, diso non nos queda, pero se quere chamo a ver se o temos para mañá.” Sorriso do empregado ao darche as razas. “Quere que llo envolva en papel de regalo? Se ten algún problema, pase por aquí e cambiámosllo”.

Anda mal o comercio, pero penso que hai cousas que non se deben perder. Hai moitas tendas das que un sae encantado de facer negocio. Son os tendeiros de toda a vida. Profesionais coma un mundo de grandes. Saben o que precisas. Sexamos consumidores responsables e recoñezamos as cousas ben feitas.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s