Convocatoria Festa do Lume 2013


Benquerida socia,

Benquerido socio,

Como membro que es da Asociación Irimia, convocámoste para a Festa do Lume que este ano imos celebrar o sábado 2 de febreiro próximo no mosteiro de Bergondo (A Coruña).

9:30-10:00 h. Acollida.

10:00 h. A Festa comezará coa celebración da asemblea anual ordinaria, citada en primeira convocatoria para as 9:30 h. e en segunda para as 10:00 h., e terá a seguinte orde do día:

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da asemblea anterior.

2.- Estado das contas e proposta para 2013.

3.- Renovación da Xunta Directiva

4.- Informe das distintas actividades (Romaxe, Revista, Sábados Bíblicos,…)

5.- Rogos e preguntas.

11:30 h. Descanso

12:00 h. Tema: crise, alternativas e formas de compromiso. Para esta reflexión contamos con Josep Manel Busqueta, membro do Seminari de Economia Crítica Taifa quen foi convidado durante uns meses a participar no asesoramento, asuntos económicos, ao goberno de Venezuela. Panadeiro de oficio principal e licenciado en economía como instrumento de loita, para facer visible o que se nos agacha, e tentar transformar a realidade.

14:00 h. Xantar compartido

16:00 h. Presentacion por parte das autoras do Libro “As mulleres falamos de teoloxía. Espazo de teoloxía feminista

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Noso taboleiro coas etiquetas , , , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s