In memoriam, Xosé López Caneda


Era natural do concello de Rubiá, xesuíta, e desenvolveu toda unha vida de traballo social e sacerdotal no Brasil. Morreu a finais do 2011, aos 88 anos.

López Caneda chegou a Brasil en 1955 indo traballar ás favelas das vilas Teresa e Induc, en Rio Grande do Sul.

Despois exerceu de profesor e párroco en Belo Horizonte, a partir de 1966. É precisamente a Cámara Municipal de Belo Horizonte a que recentemente o nomeara cidadán honorario.  No acto de entrega desa distinción a este crego valdeorrés, o vereador salientou a súa dedicación aos máis desposuídos, citando a construción da Casa dos Meninos , institución que acolle a rapaces abandonados.

Cómpre recuperar as palabras valentes de don Xosé, dirixíndose ás autoridades, ao recibir esa mención: “Na parroquia é costume desde 1982 fazer debates com políticos de todos os partidos. Tambem temos anualmante encontros de formação política com leigos ligados á fe cristã. Fe que não poder ser neutra. Sempre ligada debe estar aos desafios da vida. É nesta Câmara que podem e devem ser elaboradas leis a favor de uma moradia digna, saúde, proteger con carinho o Estatuto da Criança; pensar com ternura nos meninos e meninas da rúa que dormen nas calçadas da nosa cidade en noites frias de chuva e com a barriga vazia, ás veces maltratados até; pensar que se pode fazer com jovens escravos de tóxicos caminhando sem rumo. Colocar o bem comúm em primeiro lugar”.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Horizonte universal, Para non perder o Sur coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s