“Una Navidad mágica”


Caeu nas miñas mans unha revista de máis de 40 páxinas, fotos a toda cor de adornos do Nadal. “Una Navidad mágica”, así se chamaba. Era publicidade de material para decorar establecementos de hostalería durante as festas. Por curiosidade, fun mirando cada páxina, cada foto: caixas envoltas con papel de agasallo e grandes lazos, medias de coloriños, cervos con cornos e outros sen eles, papanoeles barrigudos, botellas de escumoso, cascabeis… Volvín pasar páxina a páxina e, pasma meu amigo, non había unha soa foto ou imaxe do neno Xesús, nin da Virxe, nin san Xosé, nin pastores, e moito menos a mula e o boi, que seica andan no paro por causa do libro do Papa.

Un Nadal máxico, si señor. Panxoliñas que falan de branco Nadal ou do hapi merri crismas e non acordan para nada o fermoso símbolo do amor nacendo para os esquecidos, aló nunha corte entre esterco e bicherío. Lin nun xornal que ata os xaponeses, que non son moi cristiáns, celebran este Nadal máxico e mesmo fan nevar onde nunca cae a neve. Pura maxia.

Escoito estes días o disco de Fuxan os Ventos, aqueles mozos rabudos, barbudos e subversivos de hai 30 anos. Qué fermosura!: Galicia canta ao Neno, chámase o disco, que había que repartir polas parroquias para que deixasen un pouco de lado esas panxoliñas estilo Pantoja, coma o da marimorena, ou aqueloutro no que a Virxe está todo o día a lavar, mentres non sabemos en que andaría o Xosé.

Como non espilamos, quedamos sen Belén, sen Noiteboa e, o que é peor, sen bacallau con coliflor, que seica tamén vai desaparecendo dos menús. Din que é cousa de brutos.

Bo Natal a todos e todas!

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s