Taboleiro de novas


A Asociación Cultural “O Galo”, organiza a presentación

do libro Lonxes do Solpor de Manuel María,

do CD Andando a Terra de Uxía e do vídeo, De amor e cantería.

Quinta feira, 29 de novembro ás 19.00. Biblioteca Ánxel Casal

 Coa presenza de Saleta Goy e a voz de UXIA.

Esta publicación contén un LIBRO + CD + DVD. Tres formatos distintos para “rozar a nosa intimidade” e “voar cara as incertas néboas do futuro” deixándonos guiar por Manuel María. “Os lonxes do solpor”, un magnífico libro, o último poemario inédito, no que se mostran, con intensidade lírica, o tremor puro da palabra, a comuñón coa terra amada ou a saudade polo tempo pasado e a crítica á dura e deshumanizada realidade do tempo presente.“Andando a Terra”, un traballo musical sobre poemas de Manuel María realizado por Uxía, voz excepcional da música galega e sensibilidade feita canción, que agora interpreta ao gardador das albas que nos fai crer aínda no ser humano.

“De amor e cantería”, vídeo de Pixel Films, sobre guión de Anxa G. Refoxo, que traduce en imaxes e son os “Sonetos á Casa de Hortas” de Manuel María e que mereceu o premio Mestre Mateo á mellor produción experimental do ano 2011.

Escolma

A terra faise en ti,
Saleta, sutileza,
chama apaixonada
e transparente,
levidade de neve,
torrente e forza
de seiva poderosa,
música de vento
entre abelairas,
raio máxico de lúa,
murmurio de regueiro,
flor de cerdeira
ou pinga de orballo
emocionada, tremendo
sobor do pálido rubor
da rosa namorada

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Noso taboleiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s