Que o pague el


Daniel López

Se é certo, como indican as testemuñas e as fotos, que o alcalde popular da Coruña acendeu as luces da cidade en pleno día; precisamente no luminoso e solleiro día de folga, para que os datos de consumo eléctrico fosen máis altos e, así, que a maquinaria de propaganda puidese dicir que a folga “contra o PP” foi unha merda espetada nun pau e que a folga contra Zapatero foi máis tremenda porque daquela se consumiu menos enerxía eléctrica… pois, que cousa sucia e que penosa! Se é así, manda truco, que pague el o custe de semellante ocorrencia. E se ese gasto obedece a unha táctica concertada con outros tantos mandatarios locais da dereita (disque de Valladolid, Albacete, Valencia, …), pois que a fiscalía actúe de oficio –era boa!- e que a Xustiza llo faga pagar a todos. Dos seus petos, dos seus amadísimos petos.

As fábricas de trolas traballaron a esgalla. Tamén pode ser que os gabinetes de prensa non pisaran a cidade. Porque as cidades eran rúas e prazas a ritmo de domingo. As cidades son organismos vivos, respiran e latexan. Teñen ruídos, ruídos de luns ás sete da mañá, e de venres pola tarde, e de sábado ás doce. O 14 de novembro, as cidades tiñan respiración de domingo, campás fóra.

Pois si, os gabinetes traballaron arreo. Por iso, despois, a última hora, nos informativos da RTVG falaban dun país inexistente, o que “debía ser” segundo o correspondente “argumentario informativo contra a folga xeral”. E así espetaban o que lles cadraba, seguindo as consignas: primeiro paso, minimizar; segundo paso, asociar a  folga a un problema de orde pública. Quixeron abrir e non lles deixaron; incidentes, coche queimado; 18% de seguimento; caixeiro roto; ambiente de piquetes; insignificantes manifestacións; incidentes en Madrid arredor do Congreso, pero no resto da “capital” era un días máis; e, por suposto: menos baixa de consumo eléctrico ca nas anteriores.

O alcalde Negreira mandou un Twiter desculpándose polo acendido das luces argüíndo que se trataba de “reparacións”. Hai cousas tan patéticas que non merecen o ilustre nome de “mentira”. Ben, en calquera caso, esqueceulle indicar no Twiter que el se facía cargo dos gastos. Pois iso, por cuestión de equidade e xusta reparación polos recortes, pola diminución do subsidio do paro, polos despido en barra libre, pola paga extra dos traballadores públicos, polo empequenecemento dos servizos sociais, polo repago sanitario, polas listas de agarda, polas axudas á banca, pola amnistía fiscal, polo cabreo, pola indignación. Por todo, que pague el, que á xente xa lle vai chegando.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

One Response to Que o pague el

  1. Con todo, segundo os datos amosan un abraiante descenso das liñas afectadas pola retirada do carril bus o que ven a demostrar que a realidade é tozuda por moito que o PP pretenda maquillar os datos. Máis de 114.000 usuarios, case a metade do total que deixaron de utilizar o servizo pertencen á liña 4, que vai desde Monte Alto ata o Barrio das Flores, así unha das liñas máis afectadas pola retirada do carril bus perde un 8% de pasaxeiros demostrando o fiasco da rede prioritaria instaurada polo goberno municipal así como a utilización torticeira da información para transmitir falazmente á cidadanía que o sistema estaba a substituír con éxito o tan necesario carril bus, outra liña afectada, a 6, confirma a nosa afirmación ao perder93.000 pasaxeiros que en termos porcentuais supón un 7%. César Santiso, indicou que “semella prioritario en canto a mobilidade axustar as tarifas do autobús a situación actual de crise e recuperar o carril bus para gañar en eficiencia e calidade”. Por iso apostamos pola tarifa única progresiva que consiste no pagamento do billete inicial e por cada transbordo ao longo do día, facer unha achega de tan so un 10% do pagamento inicial, a gratuidade para os estudantes no seus traxectos cara ao seu centro de ensino, ou a subvención progresiva segundo a capacidade económica da unidade familiar, para os máis necesitados. Así como a utilización conxunta de carril bus, nas principais arterias da cidade complementado coa vía prioritaria para o resto de estradas primarias.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s