Investimentos a longo prazo.


Xoán Guillén

Recordo hai anos unha conversa que tiven cunha vella mestra que levaba moito tempo dando clases a nenos e nenas marxinais. Eu dicíalle que tiña que ser desesperante traballar con eles xa que pasaba horas e horas ensinando cousas e parecía que ao final non se conseguía nada. Esta mestra pasaba horas e horas con eles. Insistía no mesmo e os seus alumnos non avanzaban. Parecía que nunca chegarían a nada. O peso do seu contorno era tan forte e tan negativo que por moito que se esforzase os resultados eran moi, moi  mediocres.

Entón ela dicía que os resultados serían para os seus netos e netas. Que se pouco a pouco estes nenos e nenas ían sabendo o valor da educación e do coñecemento poderían abrirlles máis portas aos seus fillos. Que estes chegarían máis lonxe que os seus pais e os fillos deles chegarían a onde eles quixeran.

Hai máis dun mes en Paquistán un talibán disparou contra unha mociña de catorce anos chamada Malala que defendía o seu dereito a unha educación. Esta nena é unha mostra do que son as conviccións e a loita polo dereito ao coñecemento.

Este rumoroso é un soñador  e soña que dentro de cincuenta ou sesenta anos o neto de Malala e a neta do talibán irán xuntos á escola, á universidade, ao traballo… e que se cadra teñen ideas diferentes pero que se respectan. Educar é sinónimo de soñar.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s