Vivendas ou activos tóxicos?


Pedro Pedrouzo Devesa

Deamos marcha atrás aos desafiuzamentos

Supoñamos que houbese un partido que propuxese a retroacción de todos os desafiuzamentos que se levaron a cabo desde o inicio da crise. Non só propoño un alto aos desafiuzamentos, senón unha marcha atrás. Grazas a esa norma todas as persoas recuperarían as vivendas das que foron expulsadas por non poder fronte ás hipotecas. Cal é o problema? Acaso estou dicindo algunha barbaridade? Hai formas de levalo a cabo.

A ética dinos que todas as persoas necesitan un fogar no que vivir e non se lles debera furtar ese dereito ante unha situación de precariedade económica, entre outras cousas porque estamos condenando á miseria a demasiadas persoas a cambio de deixar unha vivenda baleira en mans dun desastroso banco que concedeu créditos a todo o que o pedía.

A lóxica dinos que as vivendas son para vivir, non para permanecer baleiras.

E a economía dinos que se aos bancos lles adiamos as débedas e os rescatamos refinanciándoos a xuros espectacularmente baratos e na maior parte dos casos a fondo perdido, con máis motivo habería que rescatar aos seus clientes que non poden pagar a súa hipoteca porque perderon os seus traballos. Non resulta en absoluto razoable aplicar unha norma de morosidade de forma tan radicalmente desigual, con máis motivo se ao que penalizamos é ao que menos ten, ese tipo de discriminación requiriría o nome de discriminación espantosa, negativa quedase curto.

É curioso que ao mesmo ben se lle chame vivenda se o habita alguén, e pase a ser un activo tóxico se o contabiliza un banco. Son miles as familias que despois de botalas das súas casas, seguen sendo morosas bancarias, e a máis inri despois de embargar tamén a vivenda dalgún familiar que a puxo como aval dunha estafa hipotecaria que enrriqueceu a centos de directivos bancarios sen escrúpulos, e, moitas das veces, sen cerebro.

Só nos queda a alternativa cidadá. Xa que os nosos parlamentarios son incapaces nin tan sequera de redactar uns artigos que modifiquen a lei hipotecaria e algunha que outra norma que anda destrozando a vida de tantas familias, haberá que pasar a iniciativa popular e poñer nun apuro a todos os que se chaman representantes nosos. Igual espertan do seu sono.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actualidade, Política coas etiquetas , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s