O banco bo


Recordo hai anos que me  pediron en Cáritas unha axuda puntual. Tratábase de ir coa furgoneta ata un lugar de Vigo onde ía chegar un camión cargado de sandías e recoller unhas caixas.

Chegamos alí e unha muller maior coordinaba aquilo. Era moi  efectiva. Alí estabamos xente de  bastantes ONG e asociacións. Esperamos un bocadiño a que chegar ao camión e comezou o  reparto. A cada asociación tocáballe un número de caixas. En poucos minutos estabamos todos atendidos e de volta. Ese lugar era o banco de alimentos.

Quedei bastante satisfeito da organización daquel lugar ao que non volvín. Do ben que nos trataron ás organizacións e de que coido que a todos os que iamos levamos unha cantidade xusta de froita.

Estes días falaron bastante dos bancos de alimentos xa que lles deron o Premio Príncipe de Asturias. Está ben que coñezamos o labor deste banco. Xusto na época en que se fala do banco malo é bo saber que hai un banco bo.

Por certo, non sei se sabedes que o bispo Munilla considerou inmorais os desafiuzamentos. Ben por el. De cando en cando os bispos falan de cousas que preocupan á xente. Oxalá decidiran tomar a vangarda da loita contra certas inxustizas. Por algo hai  que comezar.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s