Choros


O fachineiro real

Seica anda o noso monarca dicindo que España, vista desde dentro, dá ganas de chorar. Non sei se aseguraba o mesmo xa cando xogaba ao golf con Franco ou cando lle dicía a unha xornalista estranxeira que non toleraba que se falase mal de don Francisco na súa presenza, porque cumpría non esquecer de onde vimos. E non lle faltaba razón, sobre todo a el. O fachineiro tamén chorar chorou o domingo á tarde -de hai unhas semanas. Un coñecido foi buscar o comportamento tradicionalmente conservador do electorado galego na redención dos foros e a transformación dos campesiños en propietarios -grande diferenza cos de Andalucía ou Estremadura- teoría disque apoiada por algún historiador de sona. O fachineiro pensa, porén, que o comportamento do corpo electoral hase de achar no Bamboleo, ese coñecido programa da TVG. Calquera que gozase da miña experiencia de visionado dun anaco dese espazo, atopará respostas aos porqués do noso proxecto de país. Os únicos abraiados foron os redactores da emisora alemá Deutsche Welle, que emite en portugués para África e que cualificaron os resultados galegos como “sorprendentes”. Malpocados eles, tan faltos de documentación. Desde África todo debe parecer distinto.

A.Q.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s