Un xeito de amar


Xan Guillén

Andaba eu pola rúa o outro  día cando unha muller se  plantou diante miña e me pregunta:

    • Acórdaste de min?

Fixen memoria rápida. Acordábame dela,  non do  seu  nome. Díxenlle:

-Si, ti es de Vagalume. Non recordo o teu nome pero si  que me  acordo de ti.

– Eu son Gloria.

Vagalume é un centro que hai en Santiago de atención  á muller vinculada á  prostitución. Alí fixera eu durante a carreira voluntariado e tamén a miña PSS. Durante un ratiño no medio da rúa estivemos falando da xente de alí e lembrando bos momentos. Foi entón cando Gloria me contou que os seus dous fillos estaban moi ben colocados. O maior era fontaneiro nunha boa empresa  e  a pequena era mestra con oposición. Ela coidaba unha señora maior e facía algunha quenda de coidadora no hospital. Díxome que era feliz, moi feliz e que todos os días dáballe as  grazas a Deus por ter coñecido a Nati que era a relixiosa oblata que daquela levaba o Centro Vagalume.

Hai anos  léralle a Martín Descalzo que unha pequena maneira de amar era contarlle á xente cousas boas que alguén dixo deles. Polo cal tardei  pouco en chamar a Nati e dicirllo. Agora está nun asilo para relixiosas. Supoño que dende a súa merecidísima xubilación  sentiuse moi  feliz. Dende o descanso sentiu que pagou a pena. Quen salva unha vida salva ao mundo enteiro.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

One Response to Un xeito de amar

  1. xosemaria. di:

    Gran traballo o de Nati, e moitas aventuras as que ten pasado! Unha vida relixiosa mooi digna de ser chamada así. Se existe o ceo, será para persoas como ela.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s