Separatismos e separatistas


Daniel López Muñoz

Resulta curioso que a crise máis grave de carácter secesionista acontecida no estado español desde a constitución do 78, pase xusto agora, cando goberna a dereita centralista, cando está no poder o partido que de maneira máis acendida e resesamente patriótica atacou calquera intento de formular a convivencia das nacións que forman esa realidade que se chama España en clave de diferenza e convivencia. Diferenza aceptada e gozada. Convivencia na diversidade, entendida como riqueza que se coida e alenta.

Convén botar man das famosas hemerotecas e retroceder a ese momento no que o PP medrou en simpatía nos territorios mesetarios a conta de facer anticatalanismo. Habería agora que reprogramar aqueles faladoiros tremebundos da dereita mediática, da COPE, de Intereconomía, os incendiarios artigos en La Razón, ABC, etc… na época do famoso Estatuto catalán de Zapatero. A presión de UPyD coméndolle a orella ao PP. Quen é responsable desa demagoxia?

Resulta curioso, pero totalmente previsible, desde ese sentido tan escaso que se chama o sentido común.  Agora a marxe de manobra é cada vez máis estreita, e xa hai rumor de sabres nesas mesmas  tribunas dos salvadores da patria.

Os separatistas son eles (como dicía Castelao). O do Estatuto catalán capado foi un grave erro para os supostos defensores da Idea de España como estado viable. Era un documento aprobado maioritariamente polo pobo catalán e non se metía en territorios secesionistas, senón que pactaba coa realidade e propugnaba unha nova relación, máis entre iguais, entre nacións, máis federalizante.

Esa castración dun texto creado no parlamento de Cataluña e aprobado polo pobo catalán, á parte de pouca intelixencia, puxo ás claras o quid da cuestión: quen debe decidir. Os constitucionalistas dogmáticos, aférranse á letra sagrada e din que é “toda España” a que votaría. Esa postura é a que pode, precisamente, facer estoupar a constitución, porque a forza da realidade barre as constitucións: no fondo todos e todas, políticas, xuíces, medios, saben que será moi difícil manter a paz e a concordia se os cataláns deciden unha cousa e o “o pobo español” decide a contraria.

A lóxica democrática é teimuda e acabará trunfando. Chegado o caso o que se dilucidará será con canta dolor, sangre e sufrimento se chegará a onde o pobo catalán decida libremente que quere chegar.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s