Entrevistas diglósicas


O fachineiro da lingua

A.Q. 

Nesta precampaña temos ocasión de ler entrevistas en diversos formatos cos presuntos líderes políticos. Nunha delas, no diario El País, o presidente Feijoo tivo ocasión de expresarse ao longo de dúas páxinas formato 44×34 -dan para bailar un chotis- incluíndo un posado laboral-presidenciable. As preguntas versaban, maiormente, sobre as cousas do comer, cousa lóxica nestes días. O que lle chamou a atención á deformación profesional do fachineiro é que Xosé Hermida, director da edición do citado diario, non atopase ao longo desas dúas planas un oco para unha pregunta sobre a política lingüística que o partido no goberno deixou caer nos últimos anos. E aínda máis cando uns días despois non teñen problemas de espazo para cederlle unha tribuna a unha persoa que encarna a teimuda loita contra o galego por parte dunha minoría fundamentalista. Xa postos, puido preguntarlle se pensaban repetir a manifestación celebrada na última precampaña e na que se ve felizmente representado o PP polo vicepresidente Rueda, a ministra de Fomento ou o alcalde da Coruña entre outras señorías. Claro que tamén lembra o fachineiro que ao se crear a edición galega dese xornal, o daquela director, cando lle afearon a opción lingüística que tomaba, puxo de exemplo a Alfonso X: as leis en castelán; as cantigas en galego. O que traducido aos tempos de hoxe significa o mesmo comportamento diglósico de Feijoo: o importante na lingua A; o folclore na B.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s